sábado, 24 de marzo de 2012

Para ser profesora hoxe


Instrucións para ser profesora hoxe


Empecemos por romper todos os posibles modelos preconcebidos, poñamos as mans sobre os ollos, miremos atentamente ao noso redor. Soñémonos outra vez nenos, miremos dentro. Se tocamos o canto dun paxaro, un libro por ler; se escoitamos a calor do verán ou rozamos a choiva mainiña coa punta dos dedos; se seguimos intentando descubrir por que as pedras afunden nos ríos ou os chuchameles resisten airosos o inverno, entón pode que vaiamos ben encamiñados.
Logo poderemos entrar na aula e levar libreta de notas. E deixemos en paz os pedagogos.

Agradezo a inspiración de Cortázar (http://www.juliocortazar.com.ar/) e as súas Historias de cronopios y de famas.
E tamén, claro, a María Montessori: http://es.wikipedia.org/wiki/Maria_Montessori